Sobre nós
González e Crespán avogados
Profesionalidade e confianza
É moi importante asesorarse antes de dar calquera paso relevante na vida, xa que a información e o acompañamento de profesionais pode evitar procedementos xudiciais interminables e moi custosos ou, noutro caso, facilitar unha solución máis favorable para vostede. Por tanto, non dubide en contactar connosco antes de tomar calquera decisión, podemos axudarlle a escoller mellor.
CURRICULUM VITAE
MARTA ISABEL GONZÁLEZ ALONSO
Licenciada en Dereito pola Universidade de A Coruña, pertence ao Ilustre Colexio da Avogacía de Vigo dende xuño do 1998, exercendo a profesión de xeito particular dende entón.
Presta servizo tamén na quenda de oficio a aquelas persoas que carecen de recursos suficientes, nas mesmas especialidades que privadamente: dereito civil, dereito de familia e na quenda especial de vítimas de violencia de xénero.
Dende o ano 2013 está acreditada como mediadora familiar no Rexistro de mediadores da Xunta de Galicia, e boa parte do seu traballo no sector do dereito de familia desenvólvese nese ámbito.
Entre a numerosa formación realizada durante estes anos para estar permanentemente actualizada, destacan os seguintes cursos:
- 2001-2002 Curso Superior en Dereito de Familia 2001-2002, Universidade de Santiago de Compostela.
- 2013, Curso Especialista en Mediación Civil-Mercantil, impartido por Thomson Reuters Aranzadi.
- 2013, Curso Mediación Civil, Mercantil e Familiar para Avogados, impartido pola Universidade de Vigo e o Ilustre Colexio da Avogacia de Vigo.
- 2017, Curso de Violencia sobre a Muller, impartido polo Consello da Avogacia Galega.
- Asiste regularmente, dende o ano 2015 ata a actualidade, ás Xornadas de Dereito de Familia organizadas polo Consello da Avogacia Galega, a Asociación Española de Abogados de Familia e o Ilustre Colegio Provincial de Abogados de A Coruña, que se celebran con periodicidade anual.
CURRICULUM VITAE
FERNANDO CRESPÁN CONDE
Membro exercente do “Ilustre Colexio da Avogacía de Vigo” desde o ano 1992, desenvolvín a miña actividade profesional en diversos despachos de Vigo, con especial dedicación ao Dereito Administrativo (principalmente Sancionador), ao Dereito Penal e ao Dereito Civil e de Familia.
Defensor firme dos procedementos negociadores como ferramenta para a resolución de calquera problema, estou inscrito no Rexistro de Mediadores de Familia da Xunta de Galicia desde o ano 2003 e no do Colexio da Avogacía de Vigo, para os ámbitos civil e mercantil, desde a súa creación.
Comprendo que a actividade profesional á que me dedico require unha constante actualización, polo que frecuentemente realizo cursos de formación co obxectivo de actualizar os meus coñecementos e ofrecer solucións actuais aos meus clientes.
Convencido da importancia do dereito á defensa de todo ser humano, con independencia das súas circunstancias persoais, presto asistencia no turno de oficio en asuntos de carácter civil, matrimonial, penal e administrativo desde o ano 1995.