Dereito Administrativo
Multas, proxectos de construcción y urbanismo, reclamacións...
Descripción
Enfrontarse ás administracións públicas pode ser complexo. No noso despacho, axudámoste a resolver as túas cuestións administrativas da maneira máis favorable:
- Multas e sancións: Se o Estado, a Xunta ou o Concello van impoñerche unha sanción, consúltanos para atopar a solución menos gravosa posible.
- Proxectos de construción e urbanismo: Se desexas construír ou desenvolver un proxecto urbanístico, asesorámoste no proceso para que cumpras todos os requisitos legais.
- Reclamacións patrimoniais: Se algunha administración che causou un prexuízo, defendemos os teus intereses e axudámoste a obter unha compensación xusta.
Necesitas mais axuda?
986 113 605
Precisas asesoramento xurídico? Contacta connosco hoxe mesmo!
Tanto se estás considerando un cambio importante na túa vida persoal como se necesitas orientación para resolver un conflito, estamos aquí para axudarte. Non deixes que as dúbidas legais atrasen as túas decisións. Consulta co noso equipo de avogados expertos e recibe o apoio profesional que mereces.
FAQ
Preguntas frecuentes
Para recurrir unha sanción administrativa, é preciso presentar un recurso no prazo indicado, detallando os motivos polos que consideras que a sanción é inxusta. Un avogado especializado pode axudarche a formular o recurso e defender os teus dereitos.
Os permisos necesarios dependen do tipo de construción e da normativa local. Xeralmente, necesitarás unha licenza municipal e, nalgúns casos, informes adicionais de impacto ambiental. Consultar un avogado pode garantir que cumpras cos requisitos legais.
Primeiro, é necesario presentar unha reclamación administrativa onde se expón o prexuízo sufrido e se xustifica a responsabilidade da administración. Se a reclamación é rexeitada ou non obtén resposta, pódese acudir á vía xudicial.
A tramitación dunha licenza urbanística implica presentar unha solicitude detallada co proxecto técnico ante o Concello correspondente. O proceso inclúe a revisión por parte das autoridades para asegurarse de que o proxecto cumpre coa normativa urbanística.
Tes o dereito de presentar alegacións ou recursos contra a multa dentro dos prazos legais. Podes solicitar a revisión dos feitos e, se consideras que a multa é inxusta, un avogado pode asesorarte sobre a mellor forma de defenderte.